lunes, 12 de marzo de 2012

ESTES FORON OS TRABALLOS GAÑADORES

Eugenia García Giménez, gañadora do premio no apartado lingua galega.


Londres, 14 de febreiro, 1913.

Querida Lizzy:

Estou triste sen a túa presencia. Boto de menos os arrumacos xunto ó lume, as caricias dos teus beizos e a dulzura das túas palabras. Teño frío sen a calor da túa esencia. A vida fóra de Galicia, sen ti, é dura; esperto cada día, pensando que falta menos para achegarme a ti. No meu pensamento está gravada a túa cara branca como a neve; as túas mans, fráxiles como a porcelana; os teus ollos como dous grandes acibaches que acéndense cada noite de lúa chea; o teu sorriso marcado con dúas bandas de cor carmín e as túas perlas mariñas.

Xa quedan dúas semanas para volver apreciar os teus rasgos máis nítidos dos que os teño agora; a pesar de que o tempo sen ti é lento, algunha vez terá que acabar esta tortura para os dous.

Mándoche todo o meu amor e cariño pechado neste sobre,

Erik.




Muriel Ángeles Amaya Mera, gañadora do premio no apartado de lingua castelá.


ESTA NOCHE LAS ESTRELLAS BRILLAN EN EL CIELO.

Oh dulce paloma
que alzas el vuelo al atardecer.
Oh dulce beso del anochecer.
Regresa esta noche de febrero,
que las estrellas brillan en el cielo.
Oh bello sueño de amor,
oh bello canto con pasión.
Dime si esta noche estarás aquí,
dime si esta noche estarás junto a mi.
Sueño con besos de amor,
sueños que llevan tu olor.
En el amor yo nunca creí,
pero ahora solo pienso en ti
desde el día en que te vi.
Aquel día de verano,
aquella tarde del pasado.
Tu nombre sigue grabado en mi corazón,
y esperando estoy a que regreses mi amor.
Desde lo alto de la colina,
la luna me ilumina.
Sus ojos me envuelven
en un manto transparente.
Siento tu amor corriendo por mis venas.
Contando las estrellas,
esperando a que aparezcas.
La noche desaparece
y la luna se desvanece.
Mañana será otro día,
pero tu amor ya no estará en mi vida.

viernes, 9 de marzo de 2012

CONCURSO DE POEMAS E CARTAS DE AMOR



A ANPA, por mor do día d@s namorad@os, convocou un concurso de cartas e poemas de amor. Houbo dos premios (galego e castelán), dotado cada un deles cun Mp4.



As gañadoras foron Eugenia García Giménez e Muriel Ángeles Amaya Mera. Parabéns para as dúas!






miércoles, 7 de marzo de 2012

Debuxos gañadores.







Estes foron os debuxos gañadores, preciosos os dous! Moitas grazas a Inma, Helena e todas as participantes.

lunes, 13 de febrero de 2012

CONCURSO DE ILUSTRACIÓNS



O martes 20 de decembro, entregamos os premios do concurso de ilustracións. O tema desta 1ª convocatoria foi "o placer de ler". Na foto aparecen todas as finalistas e, no centro, as gañadoras: Inmaculada Rodríguez e Helena González.

lunes, 17 de octubre de 2011

Volvemos Club de Lectura Renovados !!

O pasado venres na BE xuntámonos de novo, membros antigos do club e Santi, Alicia ,Virginia ,Jorge .


Todos xa decidimos continuar , elaborar carteis e mostrar ó noso centro as lecturas pasadas e invitar ós indecisos con inquedanzas a próxima reunión ,o venres 21 de outubro.


Atentos !

jueves, 2 de junio de 2011

NOVA ACTUACIÓN NA "BURBULLA CULTURAL"

O martes 31 de maio, a alumna Marieta Estévez Gandía actuou no espazo que a biblioteca ten este día e que se chama, "Burbulla cultural". Interpretou varios cancións, acompañándose da guitarra facendo as delicias do público que nese momento estaba na Biblioteca.

viernes, 27 de mayo de 2011

TROCO DE LIBROS

Dende a Biblioteca organízase o troco de libros; así todos aqueles alumnos, pais/nais, profesores/as ..., que queiran cambiar un libro que teña en casa por un dos que están expostos na biblioteca pode facelo.



Os libros expostos foron cedidos por profesores deste centro, polo que dende a Biblioteca agradecemos a súa colaboración.



O noso desexo é que esta iniciativa funcione e que os libros non queden estancados nunha casa, senón que teñan vida e que poidan chegar a moitos lectores

ACOSO ESCOLAR

Desde la Biblioteca y en coordinación con el resto de Departamentos de este centro, decidimos tratar el tema del acoso escolar. Así, durante este curso y parte del siguiente, los diferentes Departamentos irán desarrollando una serie de actividades que aborden dicha temática y lo mismo hará la Biblioteca, comprando material didáctico y realizando actividades diversas.




El primero que ha comenzado con esta actividad es el Departamento de francés que ha realizado murales que abordan en francés dicha temática